O noso chef
Francisco Lorenzo
Alta gastronomía baseada no mellor produto da zona


Máis que un almorzo: Buffet Atlántico
Unha experiencia para os sentidos non só pola súa variedade senón polas magníficas vistas do seu salón coa Ría de Arousa como pano de fondo. Un almorzo Buffet Atlántico con produtos locais e saudables para desfrutar dun almorzo equilibrado e variado, o aporte necesario d enerxía para afrontar o día. E se o desexas, levámoste o almorzo á cama. Ocórreseche mellor formade comezar o día? Descubre o noso Almorzo Atlántico Norte, coa mesma esencia e variedade pero servido na comodidade e intimidade da túa habitación.
Horarios: 8:00h a 9:00h/ 9:15h a 10:15h / 10:30h a 11:30h Necesaria reserva previa



Restaurante Punta Vendaval
Un Vendaval De Sabores
Cunha contorna inigualable coa Ría de Arousa como pano de fondo e no corazón das Rías Baixas coñecidas ademais pola súa gastronomía, sitúase Punta Vendaval Restaurante, na súa carta ou no seu Menú gastronómico diario, o chef trasládanos os sabores da cociña tradicional combinada coa nova cociña de vangarda e sempre cos máis exquisitos produtos locais.


Local, natural, auténtica, moderna e Atlántica.Ofrece unha cociña innovadora coa tradición e innovación e os mellores produtos locais. Unha viaxe gastronómica para deixarse seducir con saboresda terra e a fusión das diferentes cociñas do mundo da man do noso Chef Francisco Lorenzo.

Descubre a Garza Bistró co seu servicio TAKE AWAY
Horarios de Recollida : Horarios de 13 a 16 hr e de 21 a 23.30 hrs (Entrada Cafetería). Necesaria reserva previa


Sea Lounge Bar
O marco chill perfecto a pé da Ría de Arousa
Un espazo para gozar tanto o día como a noite. A pé da Ría de Arousa cunha magnífica terraza e zona cuberta.
Terraza La Garza é un espazo dinámico onde poderá degustar unha tentadora oferta gastronómica con suxerencias de tempada e especialidades tradicionais como os arroces de peixes e mariscos.
Un amplo espazo aberto para relaxarse baixo o ceo estrelado da Illa da Toxa co mellor lecer nocturno e descubrir creativos cócteles e momentos Gin Tonics da man do noso experto barman e coa mellor música en directo. Unha proposta inigualable.
Aberto de xunio a setembro