COMUNICADO OFICIAL: Medidas extraordinarias que llevará a cabo el Hotel Louxo en los próximos días Leer máis

Patrocinio do xinete galego Santiago Reverendo e o seu pónei Mickey

  • O novo xinete compite na categoría de póneis B, que inclúe a nenos de oito a doce anos co seu compañeiro de competición “ Mickey Mousse” un pónei welsh de 8 anos.
  • Santiago Reverendo leva competindo co seu pónei desde hai ano e medio, debutando na súa categoría hai apenas uns meses, na súa curta traxectoria e idade suma unha serie de palmarés, como o 2 lugar do Nacional de Mondariz, un segundo lugar tamén no Nacional dos Porches, Segundo lugar no nacional do Alazán, Terceiro lugar na primeira clasificación do XIX Trofeo Casas novas , e en Madrid no Poniclub de España con tan só 8 anos quedou entre os 15 primeiros, entre outro logros.
  • Con accións desta natureza, Hotel Talaso Louxo a Toja reforza o seu compromiso co deporte e estilos de vida saudables.

Isla da Toja, 25 de Abril de 2019: Hotel Louxo A Toja, Hotel Talaso de referencia na Illa da Toja, anunciou o patrocinio do novo xinete de salto, Santiago Reverendo e do seu pónei “ Mickey Mousse” grazas a un acordo para a actual tempada. A presentación tivo lugar nas instalacións exteriores de Hotel Louxo A Toja co Xinete e o seu pónei e baixo a mirada dos moitos clientes do hotel e alí presentes.

O logotipo de Hotel Louxo A Toja acompañará a Santiago e Mickey no equipamento tanto do xinete como do pónei e en todos os eventos que participen do campionato Nacional de Hípica e a liga Social de Hípica. Un patrocinio que se estreará no mellor escenario posible no Campionato Os Porches na Coruña do 27 ao 28 de abril. Ademais, a nova promesa galega poderá utilizar as instalacións do Centro Talaso e os beneficios da auga mariña no seu adestramento.

“O esforzo, a ilusión e a superación diaria son valores que apreciamos en Santiago e cos que se identifica Hotel Louxo A Toja”, mencionou a Directora do Hotel Louxo, Dores Valladares na presentación do patrocinio.

Un oasis de benestar mariño na illa da toja: 

Hotel Talaso Louxo A Toja, hotel de 4 estrelas e de referencia na Illa da Toja , que no ano 2020 celebrará o seu 50 aniversario, conta con 116 habitacións e espazos tanto de Benestar co seu centro Talaso de Auga Mariña, como para a celebración de eventos e que dispón do recoñecemento Q de Calidade Turística, así como o de Galicia Calidade recentemente renovados.

No seu Restaurante Punta Vendaval combina á perfección a cociña tradicional cos novos estilos de vangarda e de autor, un miradoiro sobre a ría de Arousa para facer gozar aos cinco sentidos.    

Ademais a súa privilexiada situación faio un destino perfecto para gozar das mellores actividades de lecer, natureza e aquelas relacionadas co mar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscando la mejor tarifa disponible...