COMUNICADO OFICIAL: Medidas extraordinarias que llevará a cabo el Hotel Louxo en los próximos días Leer máis

Hotel Louxo La Toja celebra o seu 50 aniversario

Hotel Louxo A Toja abriu as súas portas en 1969 na Illa da Toja, coñecida tamén como Illa Louxo de aí o seu nome. Agora, 50 anos despois o noso hotel decidiu conmemorar este aniversario con diferentes actividades e accións promocionais que darán comezo o 25 de outubro, cun evento que reunirá a autoridades, representantes do sector turístico e clientes.

Imaxe antiga de Hotel Louxo, antes coñecido como Hotel Residencia

Hotel Louxo La Toja é un hotel familiar, de capital integramente galego, que durante estas cinco décadas foise adaptando aos novos tempos, demandas e tendencias dos seus clientes, e que o converteron en hotel referente con medio século de calidade hostaleira.

A actual directora do hotel, Dores Valladares, destaca “o carácter familiar do hotel e o esforzo diario de todo o persoal para facer sentir aos nosos clientes como na súa propia casa e construír ademais unha estreita relación con todos os seus colaboradores. Todo se fai co máximo agarimo e desde o compromiso da calidade”.

Neste últimos tres anos o hotel foi realizando diferentes reformas tanto nos seus espazos comúns, como nas habitacións. Isto “permitiunos incorporar novas categorías de habitación nas que destacan as mellores vistas sobre a Ría de Arousa” sinala Dores Valladares. A zona de augas e de tratamentos do Talaso tamén foron reformados para crear un espazo non só de relax senón tamén de #gozar e cunha ampla carta de tratamentos. Cabe resaltar a gran aposta gastronómica do seu Restaurante Punta Vendaval, co mellor produto local e suxerencias diarias da dieta Atlántica.  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscando la mejor tarifa disponible...