COMUNICADO OFICIAL: Medidas extraordinarias que llevará a cabo el Hotel Louxo en los próximos días Leer máis

Hotel Louxo La Toja celebra o seu 50 Aniversario apostando pola calidade e a proximidade como símbolo de distinción.

Hotel Louxo A Toja celebrou o seu 50 aniversario o paso venres 25 de outubro cunha gran festa conducida polo xornalista Luís Fraga á que asistiron autoridades, clientes e representantes do sector turístico e durante a cal se presentou a nova campaña promocional VIVE LOUXO.

Alfonso Cabaleiro, director xerente de Galicia Calidade, lembrou na súa intervención que o Hotel Louxo La Toja foi o primeiro establecemento hostaleiro que obtivo o selo Galicia Calidade, mentres que o alcalde do Grove, Jose Antonio Cacabelos encomiou o papel tan importante do hotel nestes 50 anos como dinamizador de turístico da zona.

Hotel Louxo a Toja, cos seus 50 anos recentemente cumpridos, continuará apostando polo seu carácter familiar cunha filosofía de trato próximo, amable e respectuoso que traslada aos seus clientes no día a día, hóspedes moitos deles “repetidores” desde hai máis de 30 anos. Co obxectivo do Xacobeo 2021, o hotel continuará apostando pola innovación e coa renovación dos espazos, que xa que o ano que vén será do 100%.

Dores Valladares, Directora do Hotel, explicou “que seguiremos traballando para marcar a diferenza, coa calidade e a proximidade como eixos. Ademais, apostaremos tamén coas políticas de sustentabilidade e protección do medioambiente, como a eliminación ao longo de 2020 dos plásticos dun só uso”

Galería de imágenes

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Buscando la mejor tarifa disponible...