
Experiencia
Roteiro da camelia
A Flor que trae vida e enche a paisaxe de cor cando o inverno asómase. En Hotel Talaso Louxo A Toja creamos esta experiencia para Gozar e coñecer a Camelia con todos os sentidos, 3 opcións diferentes recollidos nun plan de 1 ou varios días onde poderán descubrir, saborear e relaxarse cun dos tesouros máis fermosos das Rias Baixas, A Camelia.

1. Saboroso e saudable: Diferentes suxerencias culinarias elaboradas a partir da Camelia para gozar de cada bocado no noso Restaurante Punta Vendaval 2. Un momento relaxante descubrindo os beneficios que nos achega a camelia e o seu aceite vexetal, coñecido polas súas propiedades antioxidantes e que favorece ao benestar tanto de mente como na nosa pel. 3. Lugares con encanto, xardíns de excelencia internacional. Pazo de Rubianes Pazo de Saleta
Se vostede busca unha experiencia única, en Hotel Louxo A Toja están dispoñibles todos os días do ano de Luns a Domingo e son atendidas polo noso departamento de Experiencias Louxo especializado. Solicite a súa Experiencia Única e o noso departamento de Reservas poñerase en contacto con vostede para darlle resposta na maior brevidade posible.
Dispoñible Desde Decembro 2019 a Maio 2020. 1. Saboroso e saudable: Diferentes suxerencias culinarias elaboradas a partir da Camelia para gozar de cada bocado no noso Restaurante Punta Vendaval Ensalada Morna De Vieira E Lagostinos Con Vinagreta De Camelia E Ibérico Crema De Cabaza Con Améndoas, Zamburiñas E Petalos Fritos De Camelia Tronco De Pescada Asado Con Trigueros, Cogomelos E Aceite De Camelias Mousse De Mascarpone E Amorodo Con Camelias Confeitadas 2. Un momento relaxante descubrindo os beneficios que nos achega a camelia e o seu aceite vexetal, coñecido polas súas propiedades antioxidantes e que favorece ao bienstar tanto de mente como na nosa pel. Ritual de Camelia consiste en: Benvida aromática e relaxante masaxe corportal con aceite de camelia, un pracer para o noso corpo e mente. 3. Lugares con encanto, xardíns de excelencia internacional: Pazo de Rubianes: #Gozar en contacto coa natureza e coas nosas raíces, visitando un lugar histórico cun xardín de Excelencia Internacional, rodeado de viñedos con recunchos máxicos e construcións de máis de 600 anos e a apaixonante historia do Pazo de Rubianes. Un pazo para coñecer, gozar e finalizar na adega onde degustar os seus viños albariños Pazo da Saleta: En 1968 chegou a Galicia o británico Robert Gimson, buscando un lugar onde poder practicar a súa gran paixón: a xardinería. Coa axuda da súa esposa Margaret, foi transformando a leira ata convertela nun excepcional xardín botánico , de tipo inglés, deseñado pola arquitecta paisaxística Brenda Colvin. Tamén se poderá visitar a súa Capela, construída en honra á Virxe da Saleta. (Opción moi recomendable para días de choiva)