COMUNICADO OFICIAL: Medidas extraordinarias que llevará a cabo el Hotel Louxo en los próximos días Leer máis
Entrada
Saída
HabitaciónsAdultosNenos
Habitación 1
Habitación 2
Habitación 3
Habitación 4
Habitación 5
Entrada
Saída
Adultos
Nenos
Reservar

Como podes chegar?

Por estrada

Hai dúas grandes vías para chegar ao Grove en coche, a autoestrada AP-9 enlazando coa autovía do Salnés ou a estrada que une Pontevedra con Sanxenxo PO-308. A autovía do noroeste que conecta Galicia con Madrid e a meseta é unha perfecta entrada para viaxar ao Grove chegando a Vigo e posteriormente collemos a autoestrada AP-9.

En avión

A mellor opción para visitar O Grove desde a península ou desde o estranxeiro pasa por chegar primeiro ao aeroporto de Santiago de Compostela (aeroporto de Lavacolla) ou ao aeroporto de Vigo (aeroporto de Peinador) para achegarse despois ao municipio por autoestrada, estrada ou mesmo utilizando o tren ou o autobús.

En autobús

A estación de autobuses está situada en Beiramar, a un 100 m. do Concello. As principais conexións enlazan distintos puntos do municipio, Pontevedra ou Vigo mediante liñas regulares.

No verán hai liñas que conectan Pontevedra coas nosas marabillosas praias.

En tren

En caso de empregar este medio de transporte, as estacións de Vilagarcía de Arousa e a de Pontevedra son as máis próximas, tendo que optar despois por un último traxecto en coche ou autobús.

Camiño de Santiago

Entre viñedos, vales e ríos, o Roteiro do Padre Sarmiento penétranos en “a comarca máis pintoresca que poida soñarse”, como dicía a escritora Emilia Pardo Bazán.

Coa mirada posta nas Rías de Pontevedra e Arousa, descubriremos o camiño que Frei Martín Sarmiento realizou en 1745 para gañar o xubileu. Un carreiro de 190 quilómetros que percorre a nosa bela costa guiándonos cara a Santiago de Compostela.

Servizo transfer

Consulte co noso departamento de reservas as diferentes opcións de transfer que podemos ofrecerlle para que na súa estancia tan só teña que preocuparse de gozar. (Servizo non gratuíto, consultar suplemento en reservas@louxolatoja.com ).

Buscando la mejor tarifa disponible...